21/02/14

Agora #QueremosAnova porque Anova pode

Manifesto #QueremosAnova porque Anova pode

Estimad@s compañeir@s,

Como sabedes en ANOVA-IN estamos nun proceso de toma decisión colectiva respeito dos comicios europeos do mes maio. Un proceso modélico nunca practicado até agora polas organizacións políticas en Galiza. Decidiremos libremente en referendo e en urna o vindeiro domingo día 23. E o mellor de todo é que podemos expresar con normalidade as nosas opinións ao respecto como facemos agora.
Son moit@s os compañeiros e compañeiras, sobre todo os que non asistiron á Conferencia o día 2-F, que demandan información sobre as posturas que someten a referendo. Velaí vai o noso posicionamento por se é de utilidade e axuda a clarificar o debate.

En primeiro lugar entendemos que é moi importante que todo o mundo participe e  vote o domingo día 23.

Tamén apoiamos afirmativamente o programa aprobado na Conferencia Nacional porque acadou un grande consenso na mesma e nas asembleas de base onde foi debatido.

E por último, NÓS VOTAREMOS POLA OPCIÓN 2, pois entendemos que é a que nos permite seguir apostando pola Fronte Ampla así como integrar aos movementos sociais que queiran participar nela, e sobre todo, porque preserva o proxecto político e estratéxico que ANOVA-IN quer construír en Galiza para o S. XXI. Votar pola pregunta nº1, ademais de apostar por un resultado eleitoral incerto, significa na práctica disolver ANOVA-IN en IU e desaparecer como organización política soberana.



Saúde para tod@s !!!!

Asinantes:
Xosé Antonio Araúxo Quintas de Gondomar e Nano Espinar de Baiona